NotaPrensaOs ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais. Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que estamos a vivir e a importancia que incluso áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que precisamente este tipo de convocatorias pretende incentivar, tales como o esforzo, loita, superación…, nun mundo ademáiscada vez máis difícil e incerto, crimos necesario manter esta convocatorialóxicamente adaptada ás novas circunstancias. Sería moi inxusto ademáis, co gran traballo e esforzo que todos houberon de realizar, que este ano se quedaran sen estes premios...

Por este motivo, o salón de Plenos de Salvaterra acollerá o vindeiro venres 10 de xullo, o acto de entrega dos “premios Educación 2019/2020” às 11.00 horas (para o alumnado de Primaria) e ás 12.00h (alumnado do IES) e ao que asistirán os premiados puidendo ser acompañados por un máximo de dúas persoas cada un, acorde ás restriccións e recomendacións que a situación nos plantexa pero que, a pesares destas limitacións, non queríamos tampouco que os rapaces desta edición, xa de por sí tan complicada e especial, perdesen este momento.

O concello repartirá un total de 14 lotes informáticos e  3 packs (en substitución das Bolsas ao Reino Unido impedidas polo COVID) compostos cada un por un lote informático e máis un curso de inglés online personalizado, que será impartido ademàis por unha academia de Salvaterra, incentivando ao tempo tamèn a economía local".

 ** (Levarase a cabo en dúas sesións sendo fixadas ambas o vindeiro venres 10 de xullo. Às 11.00 horas a entrega dos Premios para o alumnado de Primaria de todos os centros educativos participantes e ás 12.00 h, para o alumnado do IES Salvaterra de Miño premiado nesta Convocatoria.)