MÁIS DE 30 ESTABLECEMENTOS ADHERIRANSE Á PLATAMORMA DE VENTA ONLINE DBARRIO, PROMOVIDA POLO CONCELLO DE SALVATERRA PARA PROMOCIONAR O COMERCIO LOCAL

Na tarde de onte a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, mantivo unha reunión cos presidentes das Asociacións de Comerciantes do municipio e o representante da plataforma de venta online a domicilio DBARRIO, co fin de definir os pasos e as fases para por en marcha esta plataforma, unha vez feita a primeira ronda de contacto co comercio local.

Na primeira fase o que se fixo por parte do Concello e das Asociacións foi dar publicidade da iniciativa e porse en contacto cos diferentes establecementos, que recibiron moi ben esta iniciativa, xa que inicialmente a plataforma vai a arrancar con máis de 30 locais adheridos.

Nos próximos días, os representantes da plataforma tratarán directamente en contacto cos establecementos para empezar a subir todos os datos. Paralelamente irase traballando na campaña publicitaria para lanzar esta iniciativa, contando pola en marcha nun par de semanas.

Esta iniciativa, xunto a entrega de material de desinfección e prvotección aos comercios englóbase dentro da campaña de apoio e promoción do pequeno comercio que está realizando o Concello de Salvaterra de Miño.

DBARRIO