Casa do Concello
Apoiando o noso comercio
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
  4. COVID-19

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MANTÉN CONTACTO DIRECTO COS CENTROS EDUCATIVOS CO FIN DE ARTICULAR OS PREMIOS DE EDUCACIÓN E ADAPTALOS A ESTA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA

 

PremiosEducacionEste Concello foi  pioneiro en valorar a excelencia académica. 

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais, e nese sentido, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que estamos a vivir e o gran esforzo que están realizando tantos os estudantes como os centros educativos cremos necesario manter esta convocatoria, está claro que adaptándoa as novas circunstancias, sería moi inxusto co gran traballo e esforzo que están realizando que este ano se quedaran sen estes premios.

Neste eido seguirase outorgando os lotes informáticos para os alumnos de Primaria, ESO, Ciclo de Caldeirería  e Soldadura e Carpintería. Adaptaremos os premios de Segundo de Bacharelato a nova situación e as limitación que trae consigo de acordo co equipo directivo do propio centro, que ata agora consistían nunha viaxe a Reino Unido, co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. Polo que os alumnos de Bacharelato serán premiados cun conxunto dun lote informático e un curso de inglés online personalizado que será impartido por unha academia local, potenciando tamén desta maneira o consumo no municipio.

  
Temos que recordar que o noso Concello foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” aos mellores estudantes,  froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado.

Septiembre 2020
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
covid 19
LogoRioNavegable
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia