AvisoO CONCELLO DE SALVATERRA ANUNCIA A CANCELACIÓN DOS ACTOS DE FÁTIMA, FESTA DO CRISTO E SAN XOAN

Ante a declaración do estado de alarma decretado polo Goberno de España por mor do coronavirus, o  Concello de Salvaterra de Miño anuncia a cancelación dos actos de Fátima, Festa do  Cristo e San Xoan, ademais de diversos actos que se ían levar a cabo durante os próximos meses, e destinará estes gastos ao departamento de Servizos Sociais, co fin de facer fronte as necesidades máis urxentes da poboación máis vulnerable,  que se cabe vense aínda máis acentuados nestes momentos. O concello centrará os seus esforzos en reforzar  este departamento co fin de cubrir ao máximo as necesidades das persoas e familias máis necesitadas.

A celebración dos restos dos actos do verán serán analizados segundo a evolución da pandemia