NotaPrensa

O Concello de Salvaterra de Miño agradece a Maite Isla, Coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas, e a todo o equipo humano que están realizando de forma totalmente altruísta esta gran labor, a entrega de 150 mascarillas e batas de protección que foron distribuídas entre o persoal de Axuda a Domicilio e o persoal do Concello que agora mesmo se encontra realizando as funcións mínimas, recollida de lixo e os que forman parte das catro cuadrillas que se encargan da desinfección de zonas públicas.

O agradecemento de todo o Equipo de Goberno a toda esa xente que sigue para que outros poidan parar, recorda  #QuedaNaCasa