Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de reunirse para adoptar diferentes medidas preventivas ante a ameaza emerxente do Coronavirus.

Nos últimos días estamos vendo como a situación muda a un ritmo galopante,  polo cal é necesario tomar con urxencia medidas preventivas pero sobre todo concienciar a poboación da gran importancia que ten actuar con responsabilidade en función das indicacións das administracións sanitarias.

Ademais das medidas que poida tomar o Concello e os diferentes organismos é esencial que os veciños e veciñas sexan conscientes da gran importancia que ten seguir as indicacións pertinentes e os protocolos de hixiene.

Neste senso o Concello de Salvaterra comunica que a partir de hoxe queda pechado o Espazo Termal  Lúdico, o Museo da Ciencia do Viño; suspenderanse as proxeccións do Ciclo de Cine de Inverno, as actividades deportivas e culturais en instalacións públicas e nesa liña estúdase tamén suspender, chegado o momento, o campamento de conciliación de Semana Santa.

A Alcaldesa  Marta Valcárcel quere dar explicitamente as gracias a todas as asociacións deportivas e culturais pola súa implicación nesta medida, xa que dende hoxe mesmo quedan suspendidas oficialmente ata novo aviso, as actividades de memoria e zumba, as actividades das Escolas deportivas, da Banda de Música e Escola de Música de Salvaterra, corais, grupos de baile e de gaitas, clubes de petanca, de patinaxe, de fútbol..., en total todo o tecido asociativo implicado nas  accións preventivas.

Por último recoméndase facer todos os trámites administrativos coas administracións ou diferentes organismos públicos a través de vía telefónica ou telemática, evitando deste xeito as aglomeración en salas de espera e demais.

Coronavirus

 

Aviso1Aviso2 

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia