As xogadoras da Selección Galega Alevín Sur de Fútbol Sala, capitaneadas pola nova seleccionadora Bea Seijas, desprazáronse na tarde do mércores ata o pavillón de Leirado para adestrar. Unhas instalacións que se acaban de reformar recentemente coa instalación dun pavimento deportivo aeroelástico de tarima de madeira, especialmente apto para a práctica do fútbol sala, baloncesto, balonmán e patinaxe, específico de instalacións deportivas.

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o Vicepresidente da RFGF, Fernando Iglesias achegáronse ata a Leirado para saudar e charlar coas xogadoras.

IMG 20200130 WA0009IMG 20200130 WA0010IMG 20200130 WA0011IMG 20200130 WA0012