Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

CursosMuseoO MUSEO DO VIÑO PRESENTA UNHA OFERTA AMPLA E VARIADA DE CURSOS E EXPERIENCIAS PARA O ANO 2020

Dende que se abriu o ano pasado no mes de marzo, o Museo do Viño do Condado está sendo un referente en toda a comunidade. As máis de 3.000 persoas que nos visitaron neste primeiros meses de andadura coinciden en destacar a gran calidade do museo, pero sobre todo a súa interactividade.

Nestes primeiros meses dende o Conxunto museolóxico lévanse impartido diferentes charlas e cursos cun gran éxito de participación, ademais está sendo utilizado polo sector profesional como referente nas visitas nacionais e internacionais utilizándoo como unha ferramenta fundamental na promoción do noso sector vitivinícola;  e nesa liña séguese traballando, xa que tanto dende o Concello como dende a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos cremos que é necesario que este museo sexa un museo vivo, que ademais da exposición fixa oferte aos usuarios outras opcións e alternativas vinculadas co propio sector, e é así como nace este programa de actividades para o ano 2020.

Dende o Museo do Viño presentamos hoxe conxuntamente, dende o Concello e a Cofradía,  unha oferta ampla e variada de Cursos formativos para o ano 2020, un proxecto ambicioso e pioneiro en canto a volume de actividades programadas durante todo o ano que van dende un curso de iniciación á cultura do Viño, onde se busca , sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, conseguir entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo; cursos sobre os grandes clásicos: España, Francia, Italia e Portugal onde se fará unha viaxe fantástica polas paisaxes, sabores e culturas destes países; ofertarase tamén un curso sobre as 9 grandes, as variedades de uva que conquistan o mundo, variedades que calquera afeccionado ao viño escoitou algunha vez: cabernet sauvignon, chardonnay, shyarah.. Neste curso coñeceremos as súas características fundamentais, os diferentes estilos de viños que producen ao largo e ancho do planeta e aprenderemos a diferencialos e aprecialos.

E rematamos a parte formativa coa impartición da Certificación WSET: Cualificación de Nivel 2 en viños. WSET é unha organización con sede en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse na referencia internacional na formación do viño.

Como parte novidosa dende a organización ofértanse  nove experiencias en adegas baixo o lema “DA CEPA A COPA” que implicarán as adegas e aos profesionais na impartición de clases prácticas na produción e formación en espaldeira e outros sistemas, en enxertos, en mantemento do chan e laboreos, no manexo de vexetación e poda en verde, nas enfermidades e pragas da viña, no aclareo de acios e destetado e desfollado, no  seguimento de maduración e toma de mostras, na vendima e elaboración de viños brancos e tintos e no seguimento das distintas elaboracións. Experiencias que rematarán cunha cata de viños das adegas visitadas.

CarteCursosMuseo

O MUSEO DO VIÑO PRESENTA UNHA OFERTA AMPLA E VARIADA DE CURSOS E EXPERIENCIAS PARA O ANO 2020

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia