NotaPrensaO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR EN XUNTA DE GOBERNO A CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE TRABALLO DE  FUNCIONARIO/AS INTERINO/AS

Este xoves 9 de xaneiro a Xunta de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño reuniuse de forma ordinaria para tratar, entre os diversos puntos, a creación de tres bolsas de traballo de funcionario/as interino/as  para cubrir as prazas  de Conserxe, Peón e Oficial Fontaneiro.

Salvaterra é un dos poucos Concellos de Galicia que sigue unha taxa positiva de crecemento e que xestiona de forma directa a maioría dos seus servicios. Actualmente conta na súa plantilla de persoal con 40 traballadores, entre persoal de oficina e persoal de servicios. Nos últimos anos foron varios os traballadores que se xubilaron, creando a necesidade de cubrir ditas prazas, neste caso coa creación de  tres bolsas de traballo de funcionario/a interino/a a través dun sistema de selección de concurso oposición libre.