Esta mañá arrancaba o Obradoiro de Memoria e Lectura organizado polo Concello de Salvaterra de Miño para maiores de 60 anos, que se levará a cabo do 8 de xaneiro ao 27 de maio, todos os mércores de 10.00 a 11.00 horas na Casa de Cultura.

Con esta actividade búscase por un lado manter o noso celebro o máis áxil posible, con diferentes actividades e xogos, e por outro lado tamén é una forma de socializar. Non nos podemos esquecer que son moitas as persoas que viven soas ou que directamente durante todo o día non teñen con quen falar. Con esta actividade buscamos que saian dos seus fogares, que entablen relacións con outras persoas e por último que fagan actividades e exercicios que lle axuden a mellorar e previr enfermidades, buscando tamén que aprendan a facelo nas súas casas, manifestou a Alcaldesa durante a visita ao inicio de curso.

Ademais este ano búscase traballar a coordinación e a axilidade, a través de xogos que poderán desfrutar as 18 persoas inscritas neste cursos.

Obradoiro1Obradoiro2Obradoiro3