O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ASINA UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PARA A REFORMA DO ANTIGO CONSULTORIO MÉDICO DE LEIRADO

A Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, veñen de asinar un convenio de colaboración para a reforma do antigo Consultorio Médico de Leirado, co fin de destinalo a un centro onde se presenten servizos das carteiras de Servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, e que se enmarca dentro do programa de desenvolvemento Rural Sostible.

O Concello de Salvaterra de Miño é un concello cun casco urbano moi rexuvenecido pero ao mesmo tempo conta cun rural onde se concentra un maior número de persoas maiores, que en moitos casos viven soas ou pasan a gran parte do día soas. Por este motivo dende o Equipo de Goberno tívose como prioridade crear un espazo destinado exclusivamente para eles, un punto de referencia, onde poidan socializar, realizar diversas actividades, culturais, deportivas..., en fin, un espazo para os nosos maiores que tanto nos deron e que tanto nos ensinaron. Agora é o momento de devolverlle todo ese traballo e esforzo, coa creación deste centro de referencia.

O inmoble localízase no lugar de San Roque e estivo sempre moi vinculado a vida dos seus veciños e veciñas, xa que naceu sendo praza de abastos, punto neurálxico da vida da parroquia e ten máis de 50 anos de antigüedade.

 

ConselleiraSalvaterraConselleirasalvaterra2