ReunionAlcaldesaSalvaterraConselleiroCultura2A CONSELLERÍA DE CULTURA E O CONCELLO DE SALVATERRA ASINAN UN CONVENIO PARA PROMOCIONAR O MUNICIPIO A NIVEL TURÍSTICO, A TRAVÉS DA INSTALACIÓN E POSTA EN SERVICIO DE PANTALLAS PUBLICITARIAS E MONITORES INFORMATIVOS

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel,  veñen de asinar un convenio para promocionar o municipio a través da instalación e posta en servicio de pantallas e monitores en distintos puntos do casco urbano, de forma que os visitantes teñan acceso directo á información.

Estamos na era   das telecomunicacións, e temos que adaptarnos ao seu uso, e polo tanto é moi importante converter tamén ao Concello de Salvaterra de Miño nun referente en canto ao xeito de compartir información cos veciños e visitantes da zona.  A día de hoxe o noso  municipio é unha das zonas máis visitadas do sur da provincia de Pontevedra, son centos de persoas as que se desprazan a nosa Vila para desfrutar dunha das zonas verdes máis importantes de Galicia, o Parque Público A Canuda, que ven a camiñar polos máis de 30km de sendas verdes polas beira dos nosos ríos, que ven a empaparse da nosa historia, que visitan o noso Recinto Amurallado e visitan o Museo da Ciencia do Viño, veñen a bañarse no nosos Espazo Termal Lúdico... Con esta acción o Concello de Salvaterra de Miño busca derivar a todos eses visitantes que se achegan ao municipio durante todo o ano aos diferentes puntos de interese nas parroquias, xa que Salvaterra de Miño conta cunha gran riqueza patrimonial, cultural e histórica ao longo das súas 17 parroquias, a través da instalación de tres tipos de pantallas publicitarias en tres puntos estratéxicos.

A obra consiste na instalación dun monitor de alta luminosidade táctil na Rúa Miño, no cruce de entrada cara o  Parque A Canuda, onde todos os visitantes terán un acceso directo e fácil a toda a información turística do municipio. Ademais instalarase unha pantalla na glorieta existente no cruce de Rúa Rosalía de Castro coa Rúa Miño e a segunda pantalla será instalada no parque A Canuda, a través das cales ademais de proxectar as imaxes do Concello axudará a publicitar os eventos deportivos e culturais do municipio e toda a información de interese para veciños e visitantes.