NotaPrensa

SALVATERRA DE MIÑO MELLORA A SEGURIDADE DOS SEUS VIAIS MEDIANTE PASOS PEATONAIS SOBREELEVADOS, A TRAVÉS DO PLAN PROVINCIAL DEPOREMSE.

O Concello de Salvaterra de Miño ven de asinar o contrato para “mellora de seguridade víal mediante pasos peatonais sobreelevados nos viais municipais de Salvaterra de Miño” a través do Plan Provincial Deporemse coa empresa “Vías e Servizos Compostela, S.L” por un importe de 178.265,57€ e un prazo de execución de dous meses e quince días.

Con esta obra instalaranse 31 pasos elevados en total entre as 17 parroquias do municipio, co fin de dotar dunha maior seguridade aos peatóns e reducir a velocidade dos vehículos en algúns tramos da rede viaria municipal do Concello. Para iso outorgáselle un carácter máis sostible e accesible, ao entramado de carreteras máis próximo aos núcleos de poboación obxecto deste proxecto.