Contacontos

O Programa Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte. O programa consta de dúas convocatorias: a da realización do catálogo de actividades para os profesionais da animación e a convocatoria de participación para as bibliotecas coa solicitude de actividades.

O Concello de Salvaterra de Miño, que ven participando neste programa dun xeito activo nos últimos anos, inicia xa a programación de actividades na biblioteca o vindeiro mércores 2 de outubro co espectáculo “Icloud e o circo dos prodixios”, unha sabia dos contos.

O venres 4 tocalle o turno á maxia “Maxia divertida 2.0, donde o Mago Paco presenta unha morea de contos e historias a través do xogo e da maxia.

“O neno que queria ser mago” é o espectáculo do día 16 de outubro, un conto de animación a través do teatro e a maxia.

Rematamos as actividades do Ler conta Moito o mércores 23 de outubro cun “ContaCantos” música e poesía para rematar este fantástico programa.

Todas estas actividades van facerse na Biblioteca ás 18.00horas.

Cartel Ler conta moito