Medio centenar de alumnos  e alumnas do IES SALVATERRA visitaron onte, con motivo dos actos enmarcados dentro da SEMANA DA EUROCIDADE MONÇAO – SALVATERRA, o Centro de Formación Profesional (EPRAMI) de Monçao.

Foi una mañá moi produtiva para estes mozos e mozas, que dentro de esta xornada de aula aberta, coñeceron de primeira man as distintas posibilidades de formación profesional que ofrece este centro situado a menos de cinco minutos do centro de Salvaterra, nas que poden anotarse logo da Ensinanza Obrigatoria, co obxectivo de tallar un futuro laboral, aumentando así a oferta educativa que poden encontran no seu municipio.

Gran variedade temática a ofertada para os nosos alumnos e alumnas, entre as que cabe destacar a Automoción, Estética e Masaxe, Restauración e Cociña, Informática e Audiovisuáis, entre outros.

Sen dúbida, a relación entre os dous municipios é cada vez máis estreita, algo que beneficia de forma directa a todos os veciños e veciñas que ven aumentada a oferta de actividades que ofrece o seu propio municipio

A Semana da Eurocidade continúa o longo de toda a semana con diferentes actividades para seguir ampliando os lazos de unión entre Salvaterra de Miño e Monçao.

FOTO1FOTO2FOTO3FOTO4FOTO5FOTO6FOTO7