SaneamentoAranteiFornelosA Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o Concelleiro de Obras, Ernesto Groba, visitaron as obras de saneamento acometidos en Arantei, no barrio de Xestal e Novelle e na parroquia de Fornelos, barrio de Abelán.

As actuación consistiron en limpeza, corte e demolición de firme, complemento da rede de servicios existentes mediante a execución da rede de saneamento na zona e a reposición das zanjas. As tres actuación executadas nas parroquias de Arantei e Fornelos teñen como fin último dotar de saneamento a 17 vivendas, co fin de que poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento. A obra consiste na canalización de tuberías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as actuación complementarias como excavacións, pozos e reposicións.

En total executaronse máis de 400 metros de tubería de PVC de 250 mm de diámetro nominal, repartida nas tres actuacións. Todos os tramos xa executados desembocan en colectores existentes, polo que as 17 vivendas poden conectarse a rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.