Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

PiscinasMúsica, inchables, diplomas e moita diversión para despedir o verán en Salvaterra de Miño.

Máis de 70 persoas se deron cita este verán nos cursos de natación que organizou o Concello de Salvaterra de Miño nas piscinas municipais nos meses de xullo e agosto. Dous meses de diversión e aprendizaxe a partes iguais, onde os nosos monitores traballaron con nenos e nenas a partir dos 4 anos ata adultos, sen límite de idade.  

Con este tipo de actividades en grupo búscase potenciar valores transversais como o é o compañeirismo, algo moi a ter en conta sobre todo na formación dos máis pequenos, ademais de facer exercicio e aprender a nadar.

Nos cursos clasifícanse os grupos por idades para que non existan grandes diferencias tanto na carga como na complexidade das tarefas.

O venres 30 de agosto, o Concello de Salvaterra ten previsto un acto de clausura no que os nenos e nenas e os maiores recibirán o seu diploma e gorro, ca cor que alcanzaron nas súas respectivas clases. Ademais durante a maña poderán desfrutar de xogos, música e inchables para despedir o verán xunto os seus monitores

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia