Roteiro Nocturno Samaín 2019
Casa do Concello
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Benvido a Salvaterra de Miño
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Logo SalvaterraA Alcaldesa de Salvaterra ven de asinar o novo contrato de Servizos de Axuda no fogar para os próximos catro anos coa empresa IDADES, S.L. por un importe estimado nos catro anos, entre SAF dependencia e SAF  básico de 1.711.584,00€.

O Concello de Salvaterra é dos poucos Concellos no Sur de Pontevedra que está crecendo, conta cun elevado número de mozos e mozas e nos últimos 3 anos naceron no municipio máis de 250 nenos, pero tamén é verdade que existe un número elevado de persoas maiores, en moitos casos dependentes que necesitan axuda para o seu día a día, e nese eido existe o Servicio de Axuda no Fogar que nestes intres ofrece  preto de 2.700 horas ao mes, entre dependencia e libre concurrencia, coa que se atenden a 65 usuarios.

O SAF ten por obxecto prestar atención ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo. Servicio ao que acceden as persoas que teñan recoñecido este dereito a través do sistema de atención á dependencia ou ben, na modalidade de libre concorrencia, aquelas persoas para as que resulte un recurso idóneo, de acordo coa valoración técnica correspondente.

Os principais obxectivos do SAF son  mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, previr situación de dependencia ou exclusión e retardar ou evitar a institucionalización.

A empresa IDADES subrogará ás 31 auxiliares que traballaban no SAF coa anterior empresa

Octubre 2019
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
IconoInscricions
IconoMuseoDoVinho
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia