Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza con motivo dos campamentos de Verán un curso de Cociña e Dietética, dirixido aos rapaces e rapazas de 12 a 16 anos.

Actividade organizada para os non tan peques nos campamentos de verán, que tiveron a oportunidade de  realizar algúns pratos diferentes e divertidos da man dunha gran cociñeira profesional. Durante case dúas semanas cociñaron e elaboraron diversos pratos, algúns que xa coñecían, outros novos e outros moi divertidos, co que se buscaba introducilos dunha maneira amena e divertida neste gran mundo da cociña, á vez intentar que aprenderan  a ser un pouco máis autónomos na súa vida diaria. Proba deles estes apetitosos pratos, elaborados por eles.

 

AIQL2768EDIS9603GKGP1667GQYA7371

HBYB2098IMG 2662NVLX4411