Sementeira

Esta fin de semana a asociación cultural quinta do Piñeiro celebra a súa festa da sementeira. Durante toda a fin de semana realizaranse unha serie de actos festivos, comezarán o sábado pola mañá con unha concentración de tractores clásicos que percorrerán a contorna, para volver ao recinto da festa as 19h. A partir de esa hora, comezan as actuacións previstas para esa xornada. Xa no domingo, comezarán o día coa tradicional labrada dos bois, para seguir con actuacións e, ao mediodía darase paso a tradicional comida campestre composta por: carne ao caldeiro, empanada, orella, churrasco, xamón asado e polbo. Pola tarde, seguirán as actuacións dos grupos musicais e celebraranse as VI olimpíadas agrícolas para nenos e maiores. Ademais, aqueles que veñan caracterizados de labregos, poderán participar no concurso de elección do mellor traxe labrego.

 

Máis información en: https://www.facebook.com/quintadopineiro.corzans